Clases de Música na banda 🎶

Aprende Música coa Unión Musical de Cabral 


Tanto se queres comezar no mundo da música como se xa tés experiencia na Unión Musical de Cabral atoparás un lugar ideal para desfrutar e aprender.

Información das aulas

Música e Movemento: 


As aulas de música e movemento están dirixidas aos alumnos de idades comprendidas entre os tres e os seis anos. Co fin de introducir aos nenos no mundo da música a través do xogo, actividade rítmica e percepción auditiva desenvolveremos as súas capacidades expresivas e musicais.


Linguaxe Musical:


Este ámbito formativo está dirixido aos alumnos de idades comprendidas entre os seis e os dezaoito anos. Trátase dunha actividade na cal se aprende a ler música para poder poñela en práctica co instrumento que se escolla.


Linguaxe Musical Adultos:


Este ámbito formativo está dirixido aos alumnos maiores de dezaoito anos. É unha actividade na cal se aprende a ler música para poder poñela en práctica co instrumento que se escolla.


Instrumento individual:


Clases de instrumento, individuais e adaptadas os distintos niveis dos alumnos. Para unha mellor práctica instrumental incluimos a sua complementación con unha correcta  formación teórica para o seu mellor aproveitamento.


Obradoiros colectivos:


Estas clases están enfocadas dende o aspecto máis socializador da música e os aspectos positivos do traballo en grupo. Contamos con unha amplia oferta de estilos de obradoiros para que atopes aquel que mellor se adapte o que estás buscando: Ukelele, Música Tradicional, Combos, novas tecnoloxías e por suposto Banda iniciación.


Cadro resumo da oferta de clases:



Clase

Duración

CLASES GRUPAIS TEÓRICAS


Música e Movemento

1 h semana

Linguaxe Musical

1,5 h semana

Linguaxe Musical Adultos

1 h semana

INSTRUMENTOS


Instrumento individual de Banda

1 h semana

Piano, Gaita, Guitarra clásica, Baixo eléctrico ou Oboe Barroco

1 h semana

OBRADOIROS e COLECTIVAS

Banda Iniciación

1 h semana

Ukelele

1 h semana

Música Tradicional (Gaita e percusión)

1 h semana

Percusión

1 h semana

Combo (Tradicional, Jazz, Pop)

1 h semana

Novas tecnoloxías aplicadas a música(Vídeo, audio, redes)

1 h semana

PACKS 

Pack 1: Linguaxe e Instrumento individual banda

Pack 2: Linguaxe, Instrumento e Banda Iniciación

Pack 3: Obradoiro colectivo e clase teórica


Importante


A escolla de grupos e horarios/días realízase no mes de setembro en función do número de alumnado e a disponibilidade dos mestres.



Descontos e contacto



  • Desconto do 25 % sobre a tarifa do segundo e posteriores familiares matriculados.


  • Dispoñemos dun banco gratuito de instrumentos para o seu préstamo.


  • A escolla de grupos e horarios realízase no mes de setembro en función do número de alumnado e a disponibilidade dos mestres.


  • Matrícula individual e por unidades familiares.



Primer mes de proba gratis



Para que nos coñezas un pouco:

A Unión Musical de Cabral é unha asociación sen ánimo de lucro recoñecida pola Xunta que leva dende 1986 realizando unha importante labor de difusión musical e formativa tanto de músicos amateurs como profesionais. Somos parte da rede de aulas de música das bandas apoiada polo Concello de Vigo.

Para calquera consulta podes contactar con nós das seguintes formas:


Contacto:


Teléfono: +34 669 14 63 94 


Correo electrónico: unionmusicaldecabral@gmail.com 


Páxina web: https://unionmusicaldecabral.blogspot.com/


Facebook: https://www.facebook.com/unionmusicaldecabral/


Instagram: https://www.instagram.com/umcabral/


Comentarios