Os nosos obxectivos


A banda de música "Unión Musical de Cabral" foi creado no ano 1986 co obxetivo de achegar a  música e servir como punto de encontro en xeral para os veciños da cidade de Vigo, e de forma particualar para os da parroquia de Cabral.

Co inicio da actividade musical a agrupación foi perfilando unha serie de actividades como a creación de accións formativas para os seus educandos, realización de encontros e intercambios con outras agrupacións musicais, participación en concursos e realización de actividades lúdicas para o desfrute dos seus músicos.

Por iso, e facendo un pequeno repaso pola historia desta entidade sen ánimo de lucro, a continuación enumeraremos algúns dos seus principais obxectivos:

  • Executar un programa anual de actuacións.
  • Ofrecer formación musical.
  • Realizar concertos didácticos en centros educativos.
  • Colaborar con outras entidades sociais/musicais.
  • Programar actividades lúdicas orientadas os seus membros.
  • Poñer en valor a cultura músical na sua área de influencia.
  • Promocionar nos seus desprazamentos o nome da parroquia de Cabral.

Por último, destacar que a UMC forma parte das diversas federacións de bandas de música, tanto a nivel local "Federación de Bandas de Música Populares de Vigo" como a nivel autonómico dentro da "Federación Galega de Bandas de Música Populares".

    

Instagram                     Youtube                          Facebook                   Blog 

Comentarios