Anímate a probar!!
Grupos:
Música e movemento:
Este ámbito formativo está dirixido aos alumnos de idades comprendidas entre os tres e os cinco anos. Co fin de introducir aos nenos no mundo da música a través do xogo, actividade rítmica e percepción auditiva desenvolveremos as súas capacidades expresivas e musicais.
Linguaxe Musical:
Este ámbito formativo está dirixido aos alumnos de idades comprendidas entre os seis e os dezaoito anos. Sendo unha atividade na cal se aprende a ler música para poder poñela en práctica co instrumento que se escolla.
Linguaxe Musical Adultos:
Este ámbito formativo está dirixido aos alumnos maiores de dezaoito.Sendo unha atividade na cal se aprende a ler música para poder poñela en práctica co instrumento que se escolla.
Instrumento:
Clases de instrumento, individuais e adaptadas os distintos niveis dos alumnos. Sendo recomendable un nivel básico de formación teórica para o seu mellor aproveitamento. Non te preocupes por non ter instrumento, dispoñemos dun amplo banco gratuíto de instrumentos para o seu prestamo.
Comentarios
Publicar un comentario