Consellos para clases online
Con motivo da situación actual cada vez é máis común que as clases teñan que trasladarse o plano virtual, isto implica moitas dúbidas, xa que a tecnoloxía aínda supón un atranco para moita xente, co seguinte texto búscase axudar a todo aquel que o precise.
Melloras sen gastar un euro:
Iluminación:
É importante que a principal fonte de luz non esté de costas o individuo, si a luz da lámpara está enfocando a parte posterior da persoa, esta quedará a contraluz, facendo que o corpo quede en oscuridade é a luz cegue parte da pantalla. O máis recomendable é situarse frente a fonte de luz, e dicir, de cara a unha fiestra, para a luz natural, ou diante da lámpara no caso de empregar luz artificial.
Imaxe:
Se dispós dunha cámara deportiva tipo GoPro, tamén podes conectala co teu ordenador...uff!! Imaxina que tes un portátil con cámara incorporada...se conectas os anteriores trebellos podes ter tres tiros de cámara, xa que a maioría das aplicacións de videoconferencia admiten varios dispositivos. Isto é moi útil en caso de que para a clase precises mostrar en detalle algún apartado, por exemplo:
Nunha clase de instrumento podes ter unha cámara que recolla o corpo enteiro do músico, e outra que se centre na dixitación ou na embocadura. Deste xeito evitas ter que andar a mover a cámara.
Audio:
Para quedar en plan pro:
Colle eses libros que se poñen de fondo para fardar, e usaos como soporte para elevar a túa cámara, así podes encadrar mellor a imaxe, e que non de a impresión de que eres un xigante de dous metros...non presumirás de libros, pero estarás tomando unha decisión moi intelixente.
Se tes unha Smart Tv, si, esa tele tocha que compraches para xogar a consola, ter Netflix ou seguir as telenovelas turcas...pois tamén podes empregala como pantalla para as túas clases, xa que en pantallas pequenas de télefonos pérdense detalles da imaxe...e ademáis co tempo quedas pitoño. O teu smartphone seguramente teña a opción de duplicar pantalla, se o conectas coa tele terás unha visión máis ampla. Isto de conectar dispositivos tamén o podes facer coa tablet ou o pc.
Aplicacións gratuitas de videoconferencia::
Zoom
Google Meet
Skype
Tamén podes facer conexión con chamadas de whatsapp e facebook...pero a calidade non é a mesma. Ten en conta que as aplicacións de videoconferencias ofrecen máis opcións de configuraión nos ordenadores que nos dispositivos tipo Android ou iOS.
Existen infinitas formas de afrontar as clases online, iso é bo, xa que quere dicir que non existe un único formato correcto, o cal tamén implica que cada quen ten que probar (sen medo a equivocarse) ata atopar a maneira na que se sinta máis cómodo con este proceso.
Para calquer dúbida sobre compra de material, recomendacións ou consellos sobre temas específicos podedes deixar as consultas en comentarios.
Ánimo!
Comentarios
Publicar un comentario