As Bandas de Música de Vigo

 Federación de Bandas de Música Populares de Vigo



“Vigo, un mar de bandas”

As bandas de música tradicional en Vigo son toda unha institución. En Vigo gústanos a música! Temos nove bandas agrupadas na Federación de Bandas de Música Popular de Vigo. 


O Concello de Vigo, en colaboración coa Federación de Bandas de música populares de Vigo, vén realizando un importante labor de apoio, difusión e potenciación das bandas populares de música de Vigo mediante a programación de ciclos de concertos e actuacións en distintos barrios da cidade ao longo de todo o ano e a través da formación continua dos integrantes das nove bandas de música de Vigo. A mencionada Federación aglutina todas e cada unha das bandas de música da cidade de Vigo.


Dende ano 1990, o Concello e a Federación subscribiron convenios de colaboración de forma ininterrompida o programa “Vigo, un mar de bandas”, cuxo propósito é o de achegar a música aos cidadáns e fomentar a creación de novos públicos, coa programación de ciclos de concertos e actuacións durante todo o ano polos barrios e centro da cidade, con resultados moi satisfactorios.


Ademáis dende o ano 2001-2002, desenvolvese o programa “Aulas de música  nas bandas”.A través deste programa trátase de fomentar o hábito e o estudo da música de banda, a aprendizaxe da linguaxe musical, o manexo de instrumentos musicais e a práctica dentro dunha colectividade, estando destinado ao público en xeral, sen límite de idade.


Como novidade, neste ano 2020 creouse o programa de actuacións: “Ao son das festas de Vigo”, que o Concello de Vigo impulsou nesta tempada.


O Concello en colaboración coa Federación pretende alcanzar dous obxectivos: a formación continua dos integrantes das bandas de música en Vigo, e proporcionar desta forma unha oferta musical de maior calidade aos cidadáns fomentando a creación de novos públicos.


As bandas musicais de Vigo teñen un denominador común moi claro: a aposta polos valores culturais e a integración de distintas xeracións, que conviven e desfrutan potenciando a vida social e musical do seu barrio ou parroquia:



    

Instagram                     Youtube                          Facebook                   Blog 

Comentarios