Actuacións da Unión Musical de Cabral en setembro de 2020

 




Información dos concertos:

Sábado 5  de setembro Festa do Xurelo da asociación de veciños Feira de Cabral: 

Como cada ano participaremos na festa do Xurelo organizada pola asociación de veciños "Feira de Cabral", unha cita que este ano estará marcada pola situación sanitaria actual, pero aínda así segue sendo unha cita relevante para os veciños da parroquia os cales poderán disfrutar da actuación no local da asociación a partires das 20:00 no local da asociación.

Enlace a ubicación do concerto: Feira de Cabral
 

Sábado 12  de setembro Festa en Candeán organizada pola súa comisión de festas: 

Un ano máis a comisión de festas de Candeán ten a ben convidarnos a participar na súa festa. A partires das 20:15 poderedes desfrutar do concerto que terá lugar no adro da parroquia.

Enlace a ubicación do concerto: Festa de Candeán

Domingo 13  de setembro Concerto na praza da Independencia:

Dentro do ciclo de concertos organizado pola Federación de Bandas de Música Populares de Vigo e o Concello de Vigo o vindeiro 13 de setembro estaremos ofrecendo un na praza da Independencia de Vigo.

Enlace a ubicación do concerto: Praza da Independencia

Domingo 27  de setembro Concerto na Alameda de Bouzas:

Dentro do ciclo de concertos organizado pola Federación de Bandas de Música Populares de Vigo e o Concello de Vigo o vindeiro 27 de setembro estaremos ofrecendo un concerto na fermosa Alameda de Bouzas.

Enlace a ubicación do concerto: Alameda de Bouzas


    

Instagram                     Youtube                          Facebook                   Blog  


Comentarios