Nova normalidade nas bandas de música

Pautas post-covid19 nas agrupacións musicais de Galicia


Foto de concerto na nova normalidade

Xa de cheo neste atípico verán ás bandas de música estamos retomando a nosa actividade musical tratando de axustar esta a xa famosa nova normalidade. Despois de meses de incerteza as agrupacións estamos retomando os ensaios con todas as medidas de precaución indicadas, con moito coidado, pero coa mesma ilusión por facer música. 

Sobre o tema das indicacións nos últimos días a Xunta de Galicia ven de publicar unhas pautas que rexirán a nosa actividade tanto en ensaios coma en concertos e clases, estas pautas rexerán o desenrolo durante un largo período de tempo cando menos ata que remate o estado de alerta sanitaria.

Pasamos a compartir os puntos máis salientables da resolución do DOG Nº126: 

2.12. Orquestras, bandas e outras agrupacións musicais.

1. Durante a actuación e os ensaios de orquestras, bandas e outras agrupacións musicais, as persoas integrantes deberán manter a distancia de seguridade e, se iso non é posible, reducirase o número de compoñentes de xeito que se cumpra coa dita distancia. 

2. Todos os compoñentes da orquestra, banda ou agrupación musical que non sexan intérpretes de instrumentos de vento ou vocalistas deberán levar máscara durante toda a actuación ou ensaio. Os vocalistas e os intérpretes de instrumentos de vento só quitarán a máscara no momento da súa intervención vocal ou durante o uso do instrumento e deberán manter a distancia de seguridade durante a súa actuación e os ensaios, evitando situarse enfronte doutros intérpretes e recomendándose o uso doutros elementos como pantallas ou anteparos de separación.

3. Recoméndase limpar e desinfectar con maior periodicidade os chans dos espazos de actuación ou ensaio con instrumentos de vento.

4. As actuacións e ensaios en exteriores ou en recintos diferentes aos habituais realizaranse seguindo, ademais, as medidas de prevención específicas deses espazos e sempre gardando a distancia de seguridade interpersoal”.

Podes consultar o documento completo premendo neste enlace.

Tomando este documento como referencia as bandas de música formaremos cunha distancia entre músicos de 1,5 metros, adaptando o tipo de formación o espazo da actuación, chegando a actuar de maneira recorrente en grupos de cámara reducidos, con material para cada músico individualizado e procurando manter sempre o material de uso desinfectado.

    

Instagram                     Youtube                          Facebook                   Blog 

Comentarios