Información para as probas de grado elemental e profesional nos conservatorios de Galicia
1. Acceso ao grao elemental
1.1 A proba de acceso ao primeiro curso do grao elemental desenvolveranse a partir do 1 de
setembro, e de acordo cos calendarios específicos a tal efecto elaborados polos centros.
Cada centro educativo establecerá o prazo de inscrición para estas probas de acceso, prazo
que deberá circunscribirse ao mes de xuño.
1.2 Non se computará a proba de acceso ao grao elemental que realice a persoa aspirante
nesta convocatoria aos efectos do número máximo de probas de acceso, tanto ao primeiro
curso como a calquera outro.
1.3 As probas de acceso para os demais cursos do grao elemental, realizaranse no mes de
setembro de 2020, segundo o establecido na normativa ao respecto.
1.4 As probas de acceso do mes de setembro aos cursos segundo, terceiro e cuarto das
ensinanzas elementais de música, non se poderán realizar con músicos acompañantes, nin
sequera naquelas obras que o requiran.
2. Acceso ao grao profesional
2.1 Con carácter xeral, a proba de acceso ao primeiro curso do grao profesional
desenvolveranse a través da modalidade non presencial, agás nos casos que, debido á
tipoloxía dos instrumentos ou ás características específicas da proba, esta deba realizarse
de xeito presencial.
2.2 Para a correcta aplicación da modalidade non presencial poderanse utilizar os medios
telemáticos dispoñibles a través das diferentes aplicacións ou plataformas dixitais.
2.3 O prazo de inscrición para as probas de acceso ao primeiro curso do grao profesional
será o abranguido entre o 1 e o 10 de xuño, ambos os dous incluídos. Os conservatorios
profesionais de música e de danza, así como os centros autorizados, establecerán un
procedemento para que as persoas interesadas poidan inscribirse: a través da aplicación
informática Centros.NET, do enderezo de correo electrónico do centro educativo, doutros
medios non presenciais dos que dispoñan, ou de calquera xeito que estableza o centro
educativo e que non implique o acceso ao interior do mesmo.
2.4 A partir do 15 de xuño, os centros poderán organizar as probas para aqueles aspirantes
que, excepcionalmente, teñan que comparecer de xeito presencial.
2.5 Para o desenvolvemento das probas de acceso ao grao profesional haberá que realizar
as seguintes adaptacións:
- Nas ensinanzas de música os respectivos tribunais estarán constituídos por dous/dúas
profesores/as do centro, un/unha profesor/a de linguaxe musical e outro/a da especialidade
instrumental correspondente.
- Os/as aspirantes realizarán a proba sen acompañamento musical, polo que non será necesaria a presenza de pianistas acompañantes nos centros.
- Na execución das obras nas ensinanzas de música, non será necesario que o/a aspirante as
interprete de memoria.
- O exercicio para avaliar a capacidade auditiva dos/as aspirantes constará unicamente dun
exercicio conxunto de carácter práctico de entoación e lectura.
2.6 Os departamentos didácticos establecerán o procedemento que consideren máis
oportuno para a valoración dos aspirantes, tendo en conta as características excepcionais da
proba de acceso.
2.7 As probas de acceso para os demais cursos do grao profesional, realizaranse no mes de
setembro de 2020, segundo o establecido na normativa ao respecto.
2.8 Nas probas de acceso do mes de setembro aos cursos distintos ao primeiro do grao
profesional de música non se poderá contar con ningún de tipo de acompañamento musical
(nin pianístico nin para música de cámara), inda no caso de que a proba de acceso o
requirise.
2.9 Para os exercicios das probas de acceso do mes de setembro aos cursos distintos ao
primeiro do grao profesional de música, e que en principio serían iguais para un elevado
número de candidatos (parte de linguaxe musical e parte teórico-práctica), os
conservatorios, así como os centros autorizados, establecerán máis dunha sesión para a súa
realización, co obxecto de manter as distancias de seguridade. Ao ser precisa máis dunha
sesión para a realización destes exercicios, estes deberán ser distintos para cada sesión.
2.10 Non se computará a proba de acceso ao grao profesional que realice a persoa aspirante
nesta convocatoria aos efectos do número máximo de probas de acceso, tanto ao primeiro
curso como a calquera outro
Enlace o documento completo:
Comentarios
Publicar un comentario